Clausura do Curso de audiovisuais da Asociación Anduriña
Fecha: 2017-01-13
Hoxe venres a mediodía, na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove, tivo lugar o acto de clausura e a entrega de certificados de asistencia do Curso de Montaxe e Posprodución de Audiovisuais, organizado pola Asociación Anduriña de Persoas con Discapacidade do Salnés e subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
Ao acto asistiron o alcalde do Grove, Jose Cacabelos; a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Noemí Outeda; o presidene de Anduriña, Antonio García Cabanelas; a docente da Academia Elisa que impartiu esta acción formativa e o alumnado participante.
Premendo aquí podedes ver o vídeo co proxecto de fin de curso.