Este domingo da comezo a 2ª Liga de Carreiras Escolares
Fecha: 2017-01-18
A competición está organizada polo CEIP Valle Inclán o CD Ría de Arousa e o Concello do Grove.
Este domingo, 22 de xaneiro ás 10.30 horas celebrase no Colexio Valle-Inclán a primeira das probas deportivas que conforman a 2ª Liga de Carreiras Escolares do Grove e que conta coa participación de todos os centros escolares da vila. Esta iniciativa comezou no 2016 con notable éxito e repítese de novo grazas ao traballo conxunto do CEIP Valle-Inclán e o Club Deportivo Ría de Arousa que contan co apoio loxístico do Concello do Grove.
Deste xeito os rapaces e rapazas do CEIP As Bizocas, CEIP Rosalía de Castro, CEIP Conmeniño, IES As Bizocas, IES Monte da Vila e das escolas infantís do Monte da Vila e Nosa Señora do Carme competirán en catro probas que se desenvolverán en xaneiro, marzo, maio e xuño e distintos puntos do Grove. Así, ademais destas primeiras carreiras no colexio Valle-Inclán, en marzo desenvolverase no Colexio de Conmeniño, en maio na zona de Feáns-A Lanzada e en xuño no Monte Central da Illa da Toxa (nestes últimos casos as datas están pode determinar). As categorías nas que compiten son pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadetes.
Os interesados en participar poden inscribirse nos centros educativos ou o día de cada proba antes das 10.00 horas. O Concello colabora a organización do evento e achega equipamento, servizos de emerxencia e auga para os participantes. Na carreira deste domingo xa se conta con 250 rapaces e rapazas inscritos, que se agarda que tamén participen nas seguintes probas.