O Concello organiza cursos de reciclaxe para o manexo dos DESA
Fecha: 2017-02-03
Este luns terán lugar os cursos dirixidos ao persoal da praza de abastos e dos clubs deportivos.
Este luns a Sala das Cunchas do Concello acollerá o curso de reciclaxe sobre SBV e manexo dos Desfibriladores (DESA) ao que asistirán as persoas que recibiran a formación inicial en xaneiro de 2016. En concreto son 16 persoas da praza de abastos e dos clubs deportivos o que permitirá que os catro desfibriladores instalados nos recintos deportivos municipais e na praza de abastos continúen plenamente operativos.
A formación é financiada integramente polo Concello e centrarase en refrescar e actualizar os coñecementos adquiridos polas persoas habilitadas o pasado ano, tal e como esixe a normativa actual con respecto ao uso destes aparatos e garantindo a súa operatividade.