Escola de Verán
Fecha: 2010-05-14
- Organiza: Concellería de Xuventude e Empego
- Colabora: concellerías de Benestar e Educación
- Datas: do 1 de xullo ata o 31 de agosto
- Destinatarias/os: nenas/os nados entre os anos 1998 e 2006
- Horario: de 09:45 a 13:45 h
- Lugar: colexio público Rosalía de Castro
- Cota: 66 € por mes. Quen estea interesada/o en dous meses deberá aboar a cota correspondente a mes e medio (99 €) no momento de confirmar a praza.
- Prazas: 225 . Cubriranse prioritariamente por persoas empadroadas no Concello do Grove e cubriranse por rigorosa orde de entrada e terá preferencia quen solicite os 2 meses.
- Documentación para entregar coa solicitude:
- Ficha de inscrición, cuberta e asinada polo/a pai, nai ou titor/a.
- Foto do neno/a.
- Fotocopia do DNI de quen solicitte (nai, pai, titor/a)
- Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia
- Fotocopia da tarxeta sanitaria ou seguro médico
- Modelos de autorización, debidamente cubertos e asinados (recollense na Casa Azul)
- Informe médico do neno/a, no caso de padecer algún problema de saúde que dificulte ou imposibilite o desenvolvemento normal da actividade.
- Inscrición e información: nNa oficina de Información Xuvenil (Casa Azul) Teléf: 986730609. omix@concellodogrove.com
- Prazos:
* Para a presentación das solicitudes: do 19 ao 25 de maio
* Resolución e publicación da listaxe: 28 de maio
* Confirmación de prazas: do 31 de maio ao 4 de xuño. Para iso deberase efectuar o pagamento da cota no número de conta facilitado na Casa Azul e entregar aquí o recibo e a documentación pendente.