Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove renova a información das rutas de sendeirismo

Fecha: 2017-02-23

 

 

Os novos folletos das rutas homologadas xa están en Cáceres para estrearse no FIO 2017.

 

Os folletos informativos das dúas rutas homologadas pola Federación Galega de Montañismo coas que conta o Concello do Grove foron renovados e actualizados. Esta documentación, que podía recollerse na Oficina de Turismo e descargarse da páxina web de turismogrove, fora realizada no 2009 sen que sufrisen ningunha corrección ou revisión desde esa data.

 

Deste xeito, realizouse un redeseño e actualización dos documentos, mantendo os requisitos de homologación establecidos, e facendo uso do novo arquivo de imaxes de Turismo. Trátase de dous folletos correspondentes á ruta PRG-115 denominada “Adro Vello – Lembrazas da Historia” e á ruta PRG-116 “Con Negro- Arte ao Natural” que transcorren pola zona de San Vicente. Estas rutas supoñen un recurso turístico dos máis atractivos da zona e sitúan O Grove á cabeza do sendeirismo na comarca, sendo o único municipio polo que transcorren integramente dous roteiros homologados.

 

O novo material estrearase na Feira Ornitolóxica FIO en Cáceres, onde este tipo de información resulta moi demandada. Trátase de rutas naturais que supoñen un grande atractivo para os turistas que nos visitan buscando a peculiaridade ornitolóxica, paisaxística e medioambiental do Grove. A información estará dispoñible de inmediato na web de turismo Grove.

 

Novas rutas

 

O amplo interese que espertan as rutas de sendeirismo e, segundo o manifestado nos traballos do Plan Estratéxico de Turismo, o Concello traballará no deseño de novos roteiros que engadir aos dous xa existentes. Avanzouse nalgún deles, pero trabállase nas posibles homologacións e na busca do cumprimento dos requisitos necesarios para esta.