Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Policía Local comunica as restricións de tráfico con motivo do Festival de Comparsas no Pavillón do Monte da Vila

Fecha: 2017-02-23

 

 

Mañá venres e o sábado  limítase o estacionamento e realízanse cortes de tráfico.

 

O Plan de Tráfico e Seguridade deseñado pola Policía Local para o Entroido 2017 contempla restricións de tráfico para o vindeiro 25 de febreiro coa finalidade de garantir a seguridade viaria e o bo desenvolvemento do Festival de Comparsa. Deste xeito as limitacións comezan xa mañá venres.

 

A partir das 8.00 horas do venres 24 prohibirase o estacionamento nas portas principais do pavillón para a descarga do material preciso para o evento.

 

A partir das 15.00 horas do sábado 25 prohibirase o estacionamento en toda a zona do pavillón do Monte da Vila (parte dianteira e traseira); prohibición que afecta á rúa Monte da Vila e Conricado a ambos os dous lados.

 

No relativo aos cortes de tráfico, estes aplicaranse a partir das 19.00 horas do sábado, 25 cando se procederá ao peche das seguintes rúas:

 

  • Rúa O Pombal: desde o cruzamento do Faro ata a saída da rúa Batalla de Lepanto
  • Rúa Conricado: desde o pavillón ata a rúa A Vilavella
  • Rúa Monte da Vila: desde o pavillón ata o centro de saúde

 

Excepcionalmente, a rúa das Bouzas habilitarase de dobre sentido de circulación para acceder ao centro médico só durante a duración do evento.

 

Ademais destas restricións, os corpos de seguridade local lembran que non se permitirá a circulación nin o estacionamento de vehículos, remolques ou similares nas inmediacións do pavillón, agás os autorizados pola organización do Concello e os vehículos de Emerxencias. A capacidade do pavillón está limitada a 1.100 persoas e só está permitido o acceso con entrada ou invitación, sendo moi rigorosos no cumprimento desta limitación, fundamental para garantir a seguridade do evento.

 

Lémbrase ademais que se contará con servizo nocturno de Policía e co reforzo dos servizos de Emerxencias.