Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello abre o prazo de presentación de candidaturas para a Gala do Deporte de 2017

Fecha: 2017-03-06

As propostas poderán ser presentadas por rexistro no Concello do Grove ata o 17 de marzo.

 

De cara á celebración da Gala do Deporte deste ano, o Concello pon en marcha a recollida de propostas para nomear os galardoados de 2017. Para este fin, desde hoxe luns e ata o vindeiro 17 de marzo poderán presentarse as candidaturas mediante un escrito dirixido ao Concello do Grove. As propostas poderán ser realizadas por individuais e colectivos nas diferentes categorías indicadas máis abaixo.

 

Lembramos que os premios da Gala do Deporte recoñecen a actividade de deportivas individuais e equipos do Grove que, durante o ano 2016, conseguiran logros de importancia no seu eido deportivo. As propostas, polo tanto, deberán relatar os referidos méritos para que o Consello Local de Deporte poida determinar os premiados.

 

Categorías

-Mellor deportista masculino promesa

-Mellor deportista feminina promesa

-Mellor equipo feminino

-Mellor equipo masculino

-Mellor evento deportivo

-Mellor medio de comunicación

-Mellor patrocinador

-Mellor labor de base

-Vida dedicada ao deporte

-Mellor adestrador

-Mellor club

-Mellor deportista feminina

-Mellor deportista masculino