Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Actividades Día Internacional das Mulleres 2017

Fecha: 2017-03-06

A Concellaría de Igualdade do Grove comeza coa difusión dos primeiros obradoiros, enmarcados no programa das Xornadas de marzo polo Día Internacional das Mulleres 2017.  

 

Adiantámosvos estas tres actividades que terán comezo o vindeiro martes día 7 e para as que é preciso inscribirse canto antes chamando ao teléfono do CIM: 986 730 900 ou escribindo un email a: dinamizacim@gmail.com.   No caso de precisar apoio para a conciliación (se tedes responsabilidades familiares, persoas a cargo) para poder asistir ás actividades, poñédevos en contacto connosco.

  • Crecemento persoal para a saúde integral. Obradoiro vivencial para mulleres diversas. Todos os martes e xoves do 7 ao 30 de marzo. Grupo de mañás: das 10.00 ás 13.00 h, local asociación Anduriña. Grupo de tardes: das 17. 00 ás 20.00 h, Sala das Cunchas, casa concello.  Prazas limitadas. Fin prazo inscrición: luns 6 marzo. (Dinamiza: Beatriz Pirês Laranxeira).

  • Obradoiro expresivo Cada corpo é un mundo. Mércores 8 e 22 marzo. Das 20.00 ás 21.30 h. Casa da Cultura. Prazas limitadas. Fin prazo inscrición: martes 7 de marzo. (Dinamiza: Atenea García, cía. Xarope Tulú).

  • Historia do feminismo Como o feminismo nos cambiou a vida. Mércores 15 de marzo. Das 20. 00 ás 22. 00 h. Sala das Cunchas, casa concello (Dinamiza: Mar F. Cendón)

XORNADAS

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

É tempo de

visibilizar as desigualdades,

vindicar os dereitos,

celebrar a diversidade

hoxe e sempre ata ser libres!

 

Obradoiros continuos, monográficos, exposicións, cinema, accións…

De balde e para públicos diversos

 

Aquí vai un adianto das actividades que decorrerán ao longo dos meses de marzo e abril...

 

ACTIVIDADES PUNTUAIS:

  • Día Internacional das Mulleres. Acto institucional e Acción participativa. Mércores 8 marzo. 12.00 h. Praza do Corgo.

  • Premios Meca. Domingo 12 marzo. 20.00 h. Salón de actos, Casa da cultura.

  • Andaina pola igualdade de dereitos e de feitos. Domingo 19 marzo. Saída 10.00 h. Praza do Corgo.

    Percorrido: Concello. Terra de Porto. Estrada do Conde. Virxe das mareas. Porto Meloxo. Avda Portugal. Borreiros. Teniente Domínguez. Beiramar. Praza concello.

CINEMA.

  • Proxección do filme Visións do proxecto Cinema e muller. Venres 24 marzo. 20.00 h. Sala Cunchas, casa concello.

  • Proxección documental Yes, we fuck!  Venres 31 marzo. 20.00 h. Sala Cunchas, casa concello. Presenta e dinamiza o foro Anxela López Leiceaga (presidenta de Vigalicia).

 

EXPOSICIÓNS:

  • Exposición fotográfica Sorrisos Trans*formadores. Do 17 ao 22 de abril. IES As Bizocas. Do 24 ao 29 de abril, Praza de abastos. Presenta: Arelas, asociación de familias de menores trans* de Galicia.

  • Exposición de traballos do alumnado CEIP. Traballos vitais e corresponsabilidade.

  • Exposición Concurso de fotografía A muller traballadora. Sala das Dornas, casa do concello. A partir do 6 marzo.

 

OBRADOIROS MONOGRÁFICOS.

  • Cultura visual e feminismo. Sábado 25 marzo. Das 11.00 ás 13.00 h. Sala das Cunchas, casa do concello. (Dinamiza Ana Domínguez Cao)

  • Obradoiro expresivo Cada corpo é un mundo. Mércores 8 e 22 marzo. Das 20 ás 21.30 h.  Casa da Cultura. Prazas limitadas. Fin prazo de inscrición: martes 7 de marzo. (Dinamiza: Atenea García, cía. Xarope Tulú)

  • Historia do feminismo Como o feminismo nos cambiou a vida. Mércores 15 de marzo. Das 20 ás 22.00 h. Sala das Cunchas, casa do concello (Dinamiza: Mar F. Cendón)

  • Autodefensa feminista. Obradoiro de 3 horas. (Dinamizan: Mai Insua e Cristy Tojo. Proxecto Lésbicas creando). Para mulleres diversas. Sábado tarde, por confirmar data e hora. Casa da Cultura. Prazas limitadas, inscrición previa.

 

OBRADOIROS CONTINUOS MARZO:

  • Crecemento persoal para a saúde integral. Obradoiro vivencial para mulleres diversas. Todos os martes e xoves do 7 ao 30 de marzo.

    Grupo de mañás: das 10.00 ás 13.00 h, local asociación Anduriña. Grupo de tardes: das 17. 00 ás 20.30 h, Sala Cunchas, casa concello. Prazas limitadas. Fin prazo inscrición: luns 6 marzo. (Dinamiza: Beatriz Pirês Laranxeira).

  • Sabias, saberes e memorias. Obradoiros. Para persoas maiores. Todos os mércores das 9.00 ás 11.30 h ou das 12.00 ás 13.30 h. Casa da Cultura. (Dinamiza: Beatriz Pirês Laranxeira)

 

Para inscricións e info

dinamizacim@gmail.com

Tel. CIM: 986 730 900

 

Organiza: Concellaría de Igualdade. Centro de Información ás Mulleres (CIM) O Grove

Colaboran: Deputación de Pontevedra.

Anduriña, Asociación de Persoas con Discapacidade do Salnés