O Concello continúa coas melloras da praza de abastos
Fecha: 2017-03-07
A partir de hoxe comezará a instalación de dez paneis con fotos antigas do Grove.
Dentro do plan de traballo que se concretou na mellora dos espazos da Praza de Abastos do Grove, a partir de hoxecomezará a instalación de paneis que cubrirán as fiestras cegas da parte superior do mercado. Trátase de dez paneis con imaxes antigas do Grove alusivas á actividade da pesca e o marisqueo, algunhas delas inéditas, e que completarán a mellora posta en marcha tras o pintado interior desta instalación.
Lembramos que durante o ano 2016 a praza sufriu unha notable transformación coa creación dos espazos de emprendemento –que serán adxudicados en breve– e coa mellora do espazo interior. O investimento realizado grazas ás subvencións procedentes da Xunta de Galicia coa apoio da Deputación de Pontevedra e de fondos propios municipais superou os 80.000 euros e supón unha aposta firme pola continuidade e mellora deste espazo.