O Concello do Grove acomete a mellora dos xardíns da escola infantil de Rons
Fecha: 2017-03-14
Esta actuación complementa a reforma completa realizada nos pasados meses.
A necesaria reforma da Escola Infantil de Rons, rematada hai xa semanas, permite contar con instalacións adecuadas para os cativos acoden a este centro. O Concello encárgase agora de completar a reforma con melloras nos espazos exteriores procedendo, nos vindeiros días, á mellora dos xardíns da Escola. Substituirase a vexetación existente por novos elementos (tipo tullas), adecuados para o tipo de espazo do que se trata. Deste xeito estas instalacións contan con un coidado interior e exterior que as converten en referencia nos centros educativos da zona.