Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

53 alumnas e alumnos preparados para obteren o título de ESO

Fecha: 2017-03-17

 

 

Os cursos de preparación de exames de probas libres de ESO para adultos confirman a necesidade deste tipo de servizo.

 

Os cursos de preparación de probas libres de ensinanza secundaria para adultos que desde o pasado mes de novembro ofrece o Concello do Grove de xeito gratuíto confirman a clara necesidade que existía no pobo deste servizo. As clases, que se imparten diariamente nas instalacións do local da terceira idade na praza do Corgo conta cun total de 53 persoas matriculadas, que asisten ás súas clases en horario de mañá ou tarde, dependendo da súa preferencia.

 

O Goberno do Grove recuperou este servizo no pasado ano logo de que nos anteriores catro fora suprimido. O alumnado participante nestas clases está recibindo a preparación básica para poder presentarse aos exames oficiais que xa se convocaron (a convocatoria de probas libres de ESO publicouse no DOG do 9 de febreiro, a matrícula realizarase entre o 13 e 24 de marzo e o exame terá lugar o 2 de xuño). Dos 53 alumnos que actualmente asisten, os docentes indican que serán 50 os que acudan a estas probas libres, mentres que os tres restantes se acollense ao réxime semi-presencial para poderen realizar os exames nun centro de educación secundaria.

 

Desde o Concello do Grove valórase moi positivamente o funcionamento destes cursos que están permitindo que a veciñanza do Grove dispoña dun servizo axeitado que lle garanta o acceso á formación.