O Concello presenta o proxecto do Auditorio do Grove
Fecha: 2017-03-22
O vindeiro sábado, 25 de marzo, convocarase os grupos da oposición e a veciñanza a coñeceren o proxecto.
Logo de moitos meses de traballo e xestións, o Concello do Grove dará a coñecer o vindeiro sábado o proxecto do Auditorio do Grove. O equipo técnico encargarase de presentar os planos e a descrición da obra, que pretende realizarse nos terreos do Monte da Vila, mentres que o alcalde dará conta do plan de financiamento desta infraestrutura. Os primeiros en coñecer o proxecto serán os membros da oposición, que foron convocados a unha reunión o sábado ás 12.00 horas na Casa do Concello.
Charla aberta
Xa pola tarde, a partir das 20.30 horas, a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá unha charla aberta para todas as veciñas e veciños interesados no plan desta importante infraestrutura. Cursouse unha invitación específica para os colectivos culturais, que se consideran fundamentais na posta en marcha deste proxecto, pero agárdase que sexan moitas as persoas en participar neste acto, que supón o punto de partida para a construción do tan necesario Auditorio do Grove.