O Concello do Grove logra unha nova subvención para a mellora da colección bibliográfica da Rede de Bibliotecas
Fecha: 2017-03-23
A axuda, outorgada pola xunta de Galicia, ascende a 3.678,02 euros.
A Xunta de Galicia vén de publicar a resolución das axudas de subvencións a Concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. Nesta, a Rede de Bibliotecas do Grove obtivo, seguindo a liña dos anos anteriores, unha moi boa puntuación, que lle permitirá contar con 3.678,02 euros que serán destinados integramente á compra de material bibliográfico para a biblioteca municipal e para a axencia de lectura de San Vicente.