O Concello do Grove apoia os equipos do IES Monte da Vila clasificados para a final do Young Business Talent
Fecha: 2017-03-28
Trátase dun torneo internacional de xestión de empresas.
Dous equipos do IES Monte da Vila conseguiron clasificarse para a final do torneo internacional de xestión de empresas Young Busness Talent. A final deste campionato celebrarse o 31 de marzo en Madrid e o Concello do Grove colabora sufragando a parte da viaxe dos rapaces e rapazas mecos que estarán presentes. Trátase de Imanol Blanco, Eduardo da Silva e Manuel Vidal, de 2º de bacharelato, que participan como o equipo “CDS”, e Julia Devesa, Martín Padín, Carla Rey e Anxo Soutullo, estudantes de Economía de 1º de bacharelato, que teñen conformado o equipo “NOVEO17”.
Os dous equipos foron seleccionados entre os 3.000 de toda España que comezaron a competición a comezos de novembro. Tan só 100 conseguiron unha praza para esta final e competirán por estar entre os 20 mellores equipos de España, loitando tamén por un dos cinco premios especiais para aqueles proxectos que obteñan mais beneficios.
Desde o Concello do Grove trasladadouse o apoio e ilusión por que os rapaces que representan á nosa vila acaden os mellores resultados.