Campamento de verán en inglés
Fecha: 2010-06-02
A Ampa de Conmeniño en colaboración co Concello do Grove, organiza un Campamento de Ingles dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos. Este Campamento vaise desenrolar no Colexio de Conmeniño de luns a venres en horario de 9:30 a 14:00. As actividades vanse dividir en 4 bloques, dos que haberá 2 horas de clase, 1 hora de baloncesto e outra de multideporte, as cales serán impartidas na súa totalidade en inglés por 2 profesoras nativas e 2 monitores titulados..
Haberá 2 quendas. A primeira vai ser do 19 de xullo ao 6 de agosto e a segunda do 9 ao 27 de agosto.
As prazas están limitadas a 48 e terán prioridade os nenos nacidos no Grove, e os solicitantes das duas quendas. O prazo de presentación de solicitudes será do 7 ao 11 de xuño.
Pódese recoller toda a información e documentación no Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul).
Descarga o tríptico informativo e o póster