O Concello do Grove convoca a veciñanza a unha nova charla sobre o PXOM
Fecha: 2017-03-29
Este sábado informarse sobre a proposta para a zona de Rons, O Porto de Meloxo, avenida de Portugal e a súa contorna.
Continuando cos traballos de elaboración do PXOM, o Grupo de Goberno convoca os veciños e veciñas a unha reunión informativa o vindeiro sábado, 1 de abril, na sede da Cooperativa Amegrove a partir das 20.30 horas. Neste caso informara sobre as propostas postas en marcha nunha ampla zona que abarca a zona de Rons, O Porto de Meloxo a avenida de Portugal e toda a súa contorna.
Seguindo a dinámica habitual e tras avanzar notablemente no relativo ao rural, o alcalde do Grove será o encargado de explicar as propostas para, a continuación, recoller a opinión dos veciños e veciñas ao respecto. Para este fin expoñeranse os borradores dos planos nos que se está traballando. No relativo ao núcleo urbano serán necesarias varias charlas máis nos distintos barrios, xa que se trataba dun ámbito especialmente castigado pola proposta de PXOM aprobado en 2015.