Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acolle a unha charla informativa sobre ‘A incubadora de proxectos’

Fecha: 2017-03-30

O vindeiro martes 4 de abril ás 19.00 a Sala das Cunchas da Casa do Concello acolle unha charla do programa “Iniciativa Xove”.

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, organiza no Concello do Grove unha charla informativa denominada “Incubadora de Proxectos”.  Esta actividade terá lugar o martes, 4 de abril, ás 19.00 horas, na Sala das Cunchas do Concello. Informarase sobre varios programas desta dirección xeral: o programa Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil e Galeuropa (programa de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos).

 

No referido ao programa Iniciativa Xove, este consiste nunha liña de axudas que serán convocadas en breve pola Consellería de Política Social, pensada para que os mozos e mozas poidan desenvolver proxectos e iniciativas de interese para outros mozos e mozas e para a sociedade en xeral. Os interesados poden participar neste programa por dúas vías: a través de grupos informais ou ben desde entidades xuvenís e entidades legalmente constituídas.

 

Para participar nesta charla poden inscribirse antes do luns 3 de abril na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), no segundo andar do edificio administrativo, ou no correo electrónico

omix@concellodogrove.es.