Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
Fecha: 2017-04-03
No DOG de hoxe saíu publicada a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos.
Persoas beneficiarias:
- As persoas con fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017(nacidos ou nacidas entre o 2/1/2014 e o 1/1/7, inclusive)
- Fillos ou fillas adoptadas ou acollidas entre o 31/12/2015 e 31/12/2016
- Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2015
Contía da axuda:
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
- Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
- Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
Documentación:
- Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
- Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (a antigüidade máxima do mesmo será de 6 meses).
- No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do correspondente convenio regulador.
- Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma, de ser o caso.
- Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento, deberá xustificarse presentando a documentación que figura na letras c) deste artigo ou certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
Prazo de presentación:
Desde o 4 de abril ata o 29 de maio de 2017, ambos incluídos
Información e solicitudes:
Servizos Sociais Comunitarios do Concello do Grove Rúa do Matadoiro s/n (antigas dependencias da Policía Local)
Tlf: 986 733 334