Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca a bares e restaurantes a participaren nos Cantos de Taberna de 2017

Fecha: 2017-04-04

O vindeiro mércores 5 de abril ás 18.00 h terá lugar na Sala das Cunchas do Concello do Grove unha reunión cos bares da localidade. Nesta reunión abordarse o segundo encontro de “Cantos de Taberna” despois do éxito da primeira edición, que tivo lugar nos días 17, 18, 19 de maio de 2016. Neste caso, a Asociación Cultural e Musical “Os Firrás” será a encargada de coordinar e organizar o evento.

 

O Concello do Grove invita os bares da localidade a sr sumaren a este proxecto, así como a veciñanza a formar grupos corais e musicais que percorran os locais que se inscriban. Con esta iniciativa búscase reivindicar a tradición de cantar nos bares e tabernas da vila.  A idea é que os veciños e veciñas se acheguen a gozar das actividades de lecer. “Os Cantos de Taberna” teñen tamén a intención de atraer posibles visitantes á localidade, dinamizando a actividade hostaleira local.

 

Faranse unha listaxe dos locais inscritos na actividade Cantos de Taberna para que os grupos participantes poidan percorrelos; así, a veciñanza, a hostalería e as persoas que nos visiten saberán onde desenvolver esta actividade.