Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Praza de Abastos do Grove abrirá as súas portas estes festivos

Fecha: 2017-04-12

O mercado dos venres manterase a pesar do festivo no seu horario habitual.

 

O vindeiro xoves e venres, días 13 e 14 abril respectivamente, a praza de abastos do Grove manterase aberta tal e como se acordara na reunión mantida entre o Concello e os concesionarios do mercado.

 

Toda a clientela pode solicitar o calendario anual de aperturas e peches durante 2017 na propia praza cos días festivos acordados con vendedores e vendedoras. Os festivos que estará aberta ao público son o 13 e 14 de abril, o 15 de agosto e o 8 de decembro. Deste xeito os visitantes e a veciñanza poderán gozar duns produtos frescos e de calidade nestas datas tan sinaladas no noso calendario.

 

Tamén este Venres Santo, 13 de abril, terá lugar, co horario e no lugar habituais, a feira semanal dos venres no Grove.