Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove traslada a exposición Sorrisos Transformadores

Fecha: 2017-04-26

A exposición estará dispoñible na praza de abastos ata o 1 de maio.

 

A praza de abastos do Concello do Grove acolle a exposición de fotografía “Sorrisos Transformadores”.  Esta mostra estivo a semana pasada no IES As Bizocas para sensibilizar a mocidade nesta materia. Esta actividade é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa asociación ARELAS e conta con fotografías de Noemí Chantada.

 

O proxecto "Sorrisos transformadores" comprende unha exposición fotográfica de visibilización positiva que inclúe imaxes de persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dun texto que reflicte unha frase ou idea. Agora toda a veciñanza poderá achegarse a ver unha iniciativa en favor da igualdade.

 

Esta proposta trata de prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e combater o acoso por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do colectivo LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e as identidades de xénero.

 

Baixo o lema "Respecta-defende-sensibiliza-iguala-vive-e deixa vivir" a fotografa Noemí Chantada busca dar visibilización, sensibilización e naturalización do colectivo transexual para promover a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e o dereito a ser diferentes.