Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acolle o concerto de Pablo Díaz e a súa banda en ‘Tic Tac Toc’

Fecha: 2017-04-28

A actividade forma parte do programa “Falaredes” de Normalización Lingüística.

 

O O vindeiro sábado 29 de abril de 2017, ás 18.00 h, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Grove terá lugar o concerto dirixido ao público infantil Tic Tac Toc, a cargo do musico Pablo Díaz e a súa banda.

 

O concerto realizase dentro do marco das actividades da V Edición do Programa de Dinamización Lingüística “FalaRedes”. A finalidade desta actividade é ofrecerlle ás familias unha actividade de ocio de calidade en galego, así como cancións nesta lingua que se poidan cantar coa xente miúda para acompañar diferentes actividades da vida cotiá a través da palabra e de novos ritmos nos que o folclore de múltiples lugares se mestura co ska, co country ou co rock.

 

O Concello do Grove anima a participación de todas ás familias nesta actividade lembrando que a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.