Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Últimas prazas para a Andaina pola Ruta do Cares que organiza o Concello

Fecha: 2017-05-05

 

 

A ruta de sendeirismo conta aínda con 10 prazas libres cun custo de 68 € por persoa, incluíndo aloxamento, manutención e transporte.

 

O vindeiro 13 e 14 de maio levarase a cabo unha nova actividade organizada polo Concello do Grove dentro do seu programa de Andainas.  Neste caso trátase da Ruta do Cares, que transcorre pola veciña Asturias.

 

Un autobús sairá da estación de buses de Beiramar ás 15.00 h o 13 de maio. O 14 de maio ás 9.00 h comezara a andaina, e pola noite regresarase ao Grove. A ruta ten un percorrido de 24 km e un nivel de dificultade baixo.

 

O Concello segue na liña de realizar diferentes rutas de sendeirismo, tal e como xa fixo nos meses anteriores, coa andaina de Monte Prado, a de abril andaina península do Grove, este mes será a Ruta do Cares e a vindeira será no mes de xuño na Pasarela de Paiva.

 

Desde o consistorio anímase a participar a toda a veciñanza. Cóntase con 10 prazas libres, abertas a todas ás idades. O custo da actividade é 68 €, que inclúen transporte, aloxamento e manutención. As persoas interesadas poden apuntarse a través da empresa Viabus Travel.