O Concello impártelle clases de adestramento canino ao Seprona
Fecha: 2017-05-05
Os alumnos e alumnas serán 6 axentes do Seprona e 2 da Policía Local.
Desde o pasado 20 de abril ata o vindeiro 25 de maio nas dependencias do Monte das Flores, o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) mais a Policía Local están a recibir clases no marco do Obradoiro de Emprego “Naturcan”.
Os axentes recibiran un total de 40 horas de clase.
Os 6 axentes do Seprona e os 2 da Policía Local que toman parte nesta formación recibiran 40 horas de clases relativas a disciplinas e técnicas. Estas sesións serán impartidas polo alumnado do Obradoiro de Adestramento Canino que se está a desenvolver no municipio meco. As aulas son supervisadas polo docentes do obradoiro, inda que peso destas recae sobre os estudantes que están a piques de rematar a súa formación neste eido.
Ademais do anterior, os axentes tamén contaron cunha clase maxistral que foi impartida o xoves, 4 de maio, por Octavio Vilasala. Nesta sesión recibiron formación de contido teórico, coma o coñecemento das razas e a fisionomía canina e tamén no relativo a hixiene, primeiros auxilios, inmobilización, técnicas de adestramento de base e modificación da conduta.
Refuxio de Cambados
Lembramos que nas clases prácticas deste obradoiro segue a colaborar o “Refuxio de Cambados”, o cal facilita os cans para impartir as clases. Trátase de cans con rexeitamento cara os humanos, cans que atacan a outros cans ou sen disciplina algunha no comportamento; o que proporciona un espectro amplo de práctica e adestramento para os alumnos e alumnas do obradoiro. Este traballo tamén está a supoñer unha axuda para o refuxio xa que lle permite unha maior facilidade á hora de realizar os procesos de adopción os cans adestrados no obradoiro, así como a mellora da convivencia entre eles nas súas propias instalacións.