Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove colabora coa exposición ‘En familia, por dereito’

Fecha: 2017-05-09

A mostra celebrase estes días na praza de abastos do Grove.

 

Desde o pasado venres 5 de maio a praza de abastos do concello do Grove acolle a exposición “En familia, por dereito” que poderá verse nesta instalacións na vindeira semana. Unha iniciativa da Cruz Vermella na campaña de Acollida Familiar, na que se implicou o Concello do Grove.

 

A exposición amosa fotografías de persoas que viviron con familias de acollida e cóntanos as súas experiencias. Búscase sensibilizar as persoas na necesidade dun núcleo familiar e na diversidade destes. Con esta actividade, a Cruz Vermella busca aumentar o número de familias de acollida na provincia.

O acollemento familiar

 

Unha familia de acollida é unha medida de protección para darlle un fogar a nenos, nenas ou adolescentes que están baixo a tutela ou garda da Xunta de Galicia se non poden ser atendidos axeitadamente polas súas familias.

 

Hai acollementos máis curtos e outros máis longos, pero cumpre ter moi claro que o acollemento e sempre temporal e non rompe os vínculos do neno ou nena coa súa familia de orixe, ao contrario, a familia de acollida debe colaborar para que se manteñan e se fortalezan estas relacións, de cara ao regreso do menor ao seu fogar.

 

No Concello do Grove a Cruz Vermella so conta cunha familia de acollida polo que calquera que se queira involucrar neste proxecto solidario pode poñerase en contacto coa ONG.