Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove aumenta as prazas para Body Jump

Fecha: 2017-05-12

 

 

O Grove é o primeiro municipio da comarca en ofertar esta modalidade deportiva.

 

O Concello do Grove decidiu aumentar o número de prazas da actividade deportiva de Body Jump logo de cubrir as anteriores quendas e atendendo así a gran demanda que esta actividade física está a ter no municipio.

 

Os interesados ou interesadas pódense inscribir a partir do vindeiro venres 18 de maio. Os novos horarios que se ofertan son martes e xoves de 22.30 h ás 23.30 h e os luns e mércores de 9.00 h ás 10.00h no pavillón do Monte da Vila; as clases comezarán no mes de xuño.

 

O numero de  prazas mínimo é de 15 persoas para realizar o curso e o proceso de admisión realizarase cubrindo o impreso que se lles facilitara no edificio administrativo do Concello do Grove. A orde de inscrición será a seguida no Rexistro municipal.  A tarifa para 2 sesións por semana son 15 € ao mes. Para participar nesta actividade deportiva aerobia é necesario ser maior de idade.

 

Body Jump

 

O Body Jump consiste nun exercicio de coordinación de intensidade media-alta que se realiza saltando sobre unha cama elástica ao ritmo da musica, dirixidos por un adestrador.  Os beneficios desta actividade aerobia son múltiples comezando pola mellora do equilibrio, a postura, a coordinación, o alto consumo de calorías e a prevención da osteoporose.