Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove publica a lista da Bolsa de Emprego Xeral

Fecha: 2017-05-12

O prazo de presentación de reclamacións é do 15 o 22 de maio, ambos incluídos.

 

O Concello do Grove acaba de publicar a lista das puntuacións das persoas candidatas ás  distintas categorías que conforman a Bolsa Xeral de Emprego para a contratación de persoal.

 

O postos publicados son varredor/a, peón/peoa de limpeza xeral, peón/peoa de obras públicas, peón/peoa forestal, condutor/a vehículos municipais, fontaneiro/a, técnico/a de normalización lingüística, auxiliar de cultura e auxiliar de turismo.

 

As persoas candidatas poderán consultar a súa puntuación nas listaxes publicadas na paxina oficial do Concello do Grove,  sección de anuncios, ou no taboleiro de anuncios do edificio administrativo do Concello.