Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove participou no encontro da Rede Española Cidades dos Nenos e Nenas

Fecha: 2017-05-29

 

A cidade de Pontevedra acolleu o 25 e 26 de maio a reunión anual da Rede Española de Cidades das Nenas e dos Nenos que achega ata a cidade do Lérez máis dun centro de representantes de administracións e entidades de toda a España para debater e compartir ideas sobre a mellora e humanización das vilas e cidades.

 

O Concello do Grove, primeiro da zona do Salnés e entre os primeiros da provincia en adherirse a este proxecto, participou neste encontro ao que asistiron as concelleiras de Obras, Servizos, Limpeza e Medio Ambiente, Ángeles Domínguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Noemi Outeda. Trátase de afondar nas ideas que están poñéndose en marcha no Grove, buscando a sustentabilidade e recuperando a vila para as persoas; dous eixos fundamentais no Goberno municipal do Grove.