O Concello do Grove continúa co seu programa de formación en primeiros auxilios nos centros educativos
Fecha: 2017-05-30
O Concello fai avances que aproximan a esta vila a converterse nun espazo cardioprotexido.
Mañá 30 de maio comezará no IES Monte da Vila a segunda formación de primeiros auxilios do curso 2016-2017. Esta formación será impartida polo concelleiro de Sanidade, Emprego e Persoal, Javier Caneda, e por unha enfermeira do centro de saúde. A actividade está dirixida ao alumnado de entre 10 a 16 anos e a súa formación estenderase ao longo do mes para lle dar cabida a todo o alumnado. Impartiránselles técnicas de reanimación cardio-pulmonar (RCP) e urxencias básicas.
O Concello ten como obxectivo que o maior numero de rapaces, pais e nais do municipio reciban esta formación, xa que a prevención é o mellor método para evitar accidentes. O interese dos usuarios dos centros educativos queda constatado pola boa acollida que tiveron os actos deste tipo realizados ata o de agora.