Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove clausura a actividade Coñecendo e Gozando a Biblioteca cunha xincana de contos no Monte Central

Fecha: 2017-05-31

A actividade consiste nunha xincana de contos, que versarán sobre os libros e personaxes que se trataron no obradoiro de animación á lectura que durante este curso estivo dedicado ao arte.

 

O Concello do Grove trasladou para o xoves 1 de xuño 2017 ás 17.30 h a actividade extraescolar “Coñecendo e gozando a biblioteca” programada para o pasado 26 de maio, que fora cancelada debido ás malas condicións climatolóxicas que impediron a súa realización ao aire libre.

 

Esta iniciativa de dinamización lectora, que se desenvolveu na Biblioteca Municipal do Grove de novembro de 2016 a maio de 2017, chega ao seu remate coa gradación dos 45  nenos e nenas que participaron nela. Os participantes recibirán o seu diploma acreditativo do bo aproveitamento do curso, na festa que se celebrará o xoves.