Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Esta semana volve a mostra de talentos ‘Arteenxebre’

Fecha: 2017-06-01

Mañá venres ás 21.30 horas, unha nova edición da mostra de talentos que organiza Enxebre en colaboración co Concello do Grove.

 

O local da Asociación Cultural Enxebre volverá a ser o escenario da nova edición da mostra de talentos “Arteenxebre”. Trátase dunha aposta polo talento local que está dirixida a todas aquelas persoas que queiran desenvolver as súas calidades artísticas, facilitando un espazo e un marco idóneo para darse a coñecer.

 

Nesta edición os asistentes poderán gozar de varias mostras: unha curtametraxe, un playback, baile, canto, lectura de textos inéditos e probas de destreza con xogos de mans. Este certame enmárcase dentro das actividades do programa dirixido á mocidade Vémonos na Rúa e contará cunha nova edición o vindeiro 24 de xuño.