Campaña de retirada de vehículos abandonados
Fecha: 2010-07-12
A Concellería de Limpeza segue traballando na limpeza das vías públicas e para iso comezou unha campaña de eliminación de todos os coches abandonados no municipio. Desde estas últimas semanas xa se retiraron oito vehículos e a concellería continúa traballando na eliminación de aproximadamente once vehículos que quedan por ser retirados, ben polos propios propietarios, ben polo persoal do Concello. A día de hoxe están case todos notificados e á espera do prazo regulamentario para facer efectiva a súa retirada. Existen casos especiais, como o que está detrás da botica de San Vicente, cuxo propietario faleceu e a busca da persoa responsable do vehículo está a complicar a retirada. En todos os demais casos estase a desenvolver, con máis ou menos problemas, a liña de traballo habitual.
Desde a concellería agardan que nas próximas semanas, unha vez esgotados os prazos administrativos estipulados por lei, poidan ser eliminados todos estes vehículos.