Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello realiza as obras de adaptación da rúa Pratería

Fecha: 2017-06-27

Segundo o informado previamente a veciños e hostaleiros, trátase de reordenar as terrazas.

 

Onte retirouse o farol e a base de pedra que se atopaban na rúa Pratería coa finalidade de mellorar o acceso a esta vía. O incremento das terrazas tiña causado problemas de accesibilidade tanto para os vehículos autorizados como para os peóns. Deste xeito modificouse a iluminación colocando farois colgantes, e a Policía Local delimitará o espazo máximo que poden ocupar as terrazas deixando un carril habilitado para vehículos de emerxencia e acceso a garaxes.

 

As modificacións realízanse buscando a mellor convivencia posible entre os veciños e veciñas da rúa e as terrazas, que resultan fundamentais para dinamizar a zona. Ao tratarse de modificacións menores, estarán rematadas nesta mesma semana e estarán vixentes ao comezo da temporada alta.