Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello organiza a primeira andaina do verán á Illa de Ons

Fecha: 2017-06-27

A excursión sairá do porto de Pedras Negras o vindeiro sábado 1 de xullo.

 

O Concello do Grove continúa co seu programa de andainas, que conta cunha moi boa acollida por parte dos veciños e veciñas. De cara á temporada de verán, a primeira das propostas é unha visita á Illa de Ons. O programa previsto é que a saída se realice desde o porto de Pedras Negras o vindeiro sábado, 1 de xullo, ás 9.00 horas. O regreso está previsto ás 18.00 desde a Illa de Ons, polo que a chegada ao Grove será en torno ás 19.00 horas. A viaxe ten un custo de 13 euros (non inclúe comida).

 

As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán inscribirse na axencia Viabustravel. Inda que a proposta é realizar unha andaina pola illa, aquelas persoas que só queiran visitala ou ir á praia tamén poden aproveitar esta viaxe. Lémbrase que as prazas para esta actividade son limitadas, polo que se anima a quen queira realizala que faga a súa inscrición o antes posible.