O Concello do Grove pon en marcha o Simposio de Escultura coa selección das obras
Fecha: 2017-07-07
O xurado convocado para a selección das obras do Simposio de Escultura aplaudiu a calidade das obras presentadas.
Hoxe, 7 de xullo ás 10.00 horas, tivo lugar a reunión do xurado para a selección das tres obras que participarán na 4ª bienal do Simposio Internacional de Escultura ao Aire Libre do Grove dentro do programa da Festa do Marisco deste ano.
Das obras presentadas foron seleccionadas “Siéntate… siéntete”, de Gotzon Huegun (Guipúzcoa; “Sen título”, de Alan Waters (Reino Unido) e “Sea Creatures”, do xa coñecido no Grove Hugo Pereira.
Entre os artistas presentados había propostas do Xapón, Canadá, Indonesia, Bulgaría ou Rusia, entre outras de países máis próximos.
O Simposio terá lugar entre os días 22 de setembro e 15 de outubro, inaugurase o 22 e os premios serán entregados o 15 de outubro.