Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Amplíanse as prazas do campamento urbano de Xuventude

Fecha: 2010-07-20

 

O campamento urbano que organiza a Concellería de Xuventude ampliará as prazas para o mes de agosto, por algunhas baixas e pola ampla demanda que xerou no verán. Quen estea interesado en incorporar os seus fillos no mes de agosto debe comunicalo durante esta semana.

 

Segundo o primeiro tenente de alcalde, Carlos Álvarez Besada, este campamento é un dos máis completos e importantes da comarca, tanto polos seus contidos como polo amplo número de nenas e nenos que participan nel. Ten actividades de lecer, educativas, de rapaso escolar e tamén obradoiros formativos en igualdade.