As maquetas do Concurso de Educación Viaria poderán verse na Sala das Cunchas do Concello durante a vindeira semana
Fecha: 2017-07-20
Desde hoxe xoves e durante unha semana poderán visitarse os traballos realizados polos distintos centros educativos do Grove.
Desde hoxe xoves e ata o vindeiro día 27, no horario habitual, poderá visitarse na Sala das Cunchas do Concello a exposición composta polas seis maquetas participantes no Concurso de Educación Viaria que cada ano organiza o Concello do Grove. Os traballos foron realizados polos alumnos e alumnas dos colexios de Conmeniño, Valle-Inclán, Rosalía de Castro e As Bizocas; tres delas foron escollidas como gañadoras e premiadas hai xa un mes nun acto celebrado na Casa da Cultura.