Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O programa de Andainas do Concello do Grove continúa no verán

Fecha: 2017-07-28

 

 

O vindeiro 5 de agosto terá lugar a Andaina Nocturna, cita obrigada do verán meco.

 

A grande afección existente no Grove polas Andainas viuse confirmada o pasado 1 de xullo coa notable asistencia de veciñas e veciños que participaron na Andaina organizada pola Illa de Ons. Para o que resta de verán inda quedan dúas citas importantes. A primeira terá lugar o vindeiro sábado, 5 de agosto, cunha nova andaina nocturna polo Grove. A saída está prevista desde a Praza do Corgo e os participantes deberán inscribirse na axencia de viaxes ViabusTravel a un prezo de 3 euros. Esta andaina contou cunha gran participación na súa edición do pasado ano e foi das mellor valoradas polos camiñantes, que consideraron interesante un percorrido pola península meca que se achegaba a puntos de grande atractivo medioambiental e, en moitos casos, pouco coñecidos.

 

Xa para rematar a temporada de verán, o 9 de setembro terá lugar a agardada andaina polas Illas Cíes. Neste caso a saída en barco realizarase desde Portonovo e o custo da actividade é de 13 euros que tamén deberán aboarse na axencia colaboradora destas actividades. As andainas volverán no outono con novas propostas e actividades.