Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Denova presenta o seu primeiro disco nos concertos de verán do Concello do Grove

Fecha: 2017-07-28

 

 

Este sábado 29 a partir das 21.00 horas o grupo pontevedrés ofrecerá un concerto no escenario da Praza do Corgo.

 

O grupo pontevedrés Denova presentará no Grove as cancións do seu primeiro disco, Métodos y tiempos. Trátase dunha proposta de pop e música para bailar que tenta “recuperar a esencia dos oitenta, pero cunha nova volta de porca ao xénero”. Tamén é definida como “unha proposta fresca, contemporánea e extravertida que nos levará a unha viaxe de sensacións onde o baile e a diversión están asegurados”.

 

O grupo, que está composto por Óscar Tercero (voz, coros e guitarras), Pedro Berbel (baixo), colaborador habitual de Killer Barbies, e Diego de Luis (batería), contou para este traballo coa colaboración de Ari Magritte (coros), quen xa actuou dentro da programación musical do Grove en pasados anos, Javier Abreu (arranxos) e o artista Alfredo Olmedo (deseño de portada). Todo isto o vindeiro sábado na Praza do Corgo.