Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove informa sobre o novo horario do Rexistro

Fecha: 2017-08-03

As modificacións das leis de procedemento administrativo e réxime xurídico das administracións locais aprobadas polo Goberno central supoñen que os sábados pasen a ser días non hábiles.

 

Conforme o establecido na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas e a na Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público, os sábados pasan a ser non hábiles para a Administración en España. Deste xeito, o Concello do Grove acaba de adaptarse a esta nova realidade modificando os seus horarios de atención, de tal xeito que os sábados o edificio administrativo, que habitualmente permanecía aberto para servizo do Rexistro, estará pechado.

 

O horario do Rexistro durante os días hábiles manterase do mesmo xeito. Debe terse en conta,  ademais, que o Concello do Grove dispón dunha sede electrónica municipal de acceso permanente, que está en funcionamento desde o pasado 6 de xullo, e que facilita que moitos dos trámites que teñen que realizarse ante a Administración local non requiran facerse de xeito presencial.