Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello acomete unha vez máis a limpeza da estrada de titularidade autonómica

Fecha: 2017-08-17

Os operarios municipais procederon, ao longo do día de onte, a limpar a beiravía e mellorar a xardineira da zona.

 

Os operarios do Concello do Grove procederon esta mañá á roza e limpeza da avenida de Ardia. Trátase dun tramo de estrada de titularidade autonómica e cuxo mantemento lle foi reclamado en reiteradas ocasións á Xunta de Galicia, xa que se atopaba descoidado e sen atender. Deste xeito, unha vez máis, o Concello decidiu acometer os labores de limpeza e xardinería para evitar a mala imaxe deste tramo de acceso ao Grove e as molestias que o crecemento da vexetación lle estaban provocando á veciñanza desta zona.

 

Na recente reunión mantida co delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra púxose sobre a mesa a necesidade de que este organismo atendese as distintas estradas que este organismo ten no termo municipal do Grove, xa que todas se atopaban descoidadas e en mal estado, xerando unha imaxe moi negativa dun concello eminentemente turístico. Desde a Xunta indicouse que se acometerían estes traballos en setembro, pero resulta claro que se trata dun prazo excesivo para atender unhas necesidades urxentes.