O tango chega á praza do Corgo este sábado
Fecha: 2017-08-18
Cultura no Camiño achega ao Grove a actividade de danza Tango en Galicia.
Dentro da variada programación cultural de verán do Concello do Grove, este sábado a veciñanza e as persoas que nos visitan poderán gozar dun espectáculo de danza da man do grupo Tango en Galicia. Trátase dun espectáculo lúdico participativo no que se involucra o público presente, recreando un salón de baile e cunha miniclase de demostración para poder incorporar o público ao baile orixinal.
O espectáculo terá lugar este sábado 19 de agosto na praza do Corgo a partir das 21.00 horas e pasa por ser unha das actividades máis dinámicas das previstas este verán. O evento conta coa colaboración do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic).