Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello convoca os residentes e comerciantes da rúa Castelao a unha reunión sobre as obras nesa vía

Fecha: 2017-08-18

 

A reunión terá lugar o vindeiro luns, 21 de agosto ás 21.00 horas.

 

A inminente posta en marcha das obras de humanización da rúa Castelao fai necesario informar de primeira man os veciños e veciñas e comerciantes desa rúa sobre o desenvolvemento dos traballos. Dun xeito máis concreto, convócase os residentes e comerciantes do tramo onde se executarán as obras: entre o cruzamento coa rúa Luís A. Mestre e a rúa do Pombal. A reunión terá lugar na Sala das Cunchas da Casa do Concello o luns ás 21.00 horas e será o alcalde quen informe os veciños sobre os prazos previstos e as axudas obtidas para esta importante remodelación. Tamén estará presente o xefe da Policía Local, quen informará sobre a xestión do tráfico durante o período en que duren as obras.

 

Desde o Concello púxose en marcha unha análise pormenorizada das incidencias e problemas que poden xurdir durante as obras e considérase fundamental a colaboración cidadá para evitar que as obras xeren máis molestias das que son habituais nestes casos.

 

Proxecto de humanización da rúa Castelao, entre as rúas Luis A. Mestre e Luis Casais>