O Concello do Grove ultima os traballos para contar co seu cruceiro marítimo
Fecha: 2017-08-25
Os espectaculares traballos de colocación do cruceiro desenvolvéronse segundo o ritmo das mareas entre onte e hoxe.
O alcalde do Grove, a concelleira de Turismo e o concelleiro de Medio Rural achegáronse esta mañá a visitar as obras de colocación do cruceiro marítimo do Grove e de mellora da contorna de Cantodorxo. Trátase dun proxecto que se iniciou hai máis dun ano e que forma parte das iniciativas que permiten situar O Grove nos Camiños de Santiago. Neste caso, a iniciativa foi posible grazas á subvención da Deputación de Pontevedra, concretamente da área de Turismo, que achegou parte dos fondos da iniciativa.
O cruceiro é unha creación do artista Francisco Pazos e supón que O Grove pase a formar parte da Ruta Marítima do Mar de Arousa e do Ulla con todas os requisitos, xa que a pesar de ser patrón da fundación que xestiona este camiño, non posuía o cruceiro marítimo de rigor para contar coa parada da ruta.