Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Ampliación do prazo para o Concurso de Carteis da Festa do Marisco 2018

O Concello do Grove amplía o prazo de presentación de orixinais para participar no Concurso de Carteis da Festa do Marisco de 2018 ata o luns 11 de setembro de 2017.

Segundo se establece nas bases, o cartel terá unhas medidas de 30 x 45 cm en vertical ou horizontal. O bosquexo debe incluír o anagrama que o Concello do Grove ten rexistrado (centola con cunca), as datas en que terá lugar o evento (4 ao 14 de outubro de 2018) e o nome de “Festa do Marisco. O Grove 2018”, así como a edición (LV).

O Concello do Grove anima á participación nun concurso que premia a orixinalidade e a creatividade e que xa se converteu nun elemento tradicional da promoción turística do Grove.


Todas as novas