Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O 12 de outubro marca un récord histórico na Festa do Marisco

Fecha: 2017-10-16

 

O pasado xoves conseguiu o mellor dato da Festa do Marisco dos 2017 dos últimos sete anos.

 

Os bos da datos da Festa do Marisco 2017 continúan confirmándose. O xoves 12, festividade nacional, as cifras de vendas dos postos da Festa supuxeron o mellor dato diario dos últimos sete anos, concretamente desde que se conta con rexistros estatísticos. Pero o feito fundamental relativo a estes datos está en que se conseguiu facer fronte a esta elevada demanda con produtos galegos cen por cen.

 

Debe subliñarse ademais o alto nivel de satisfacción dos visitantes, que valoran moi positivamente a calidade do produto, a limpeza do recinto e o bo ambiente xerado en torno á praza do Corgo.

 

Petiscos

 

A bo ritmo van tamén os restaurantes que estes días dan a coñecer as súas propostas na zona gastronómica da carpa institucional. Lembramos que se trata de petiscos a 3 euros que poden acompañarse dunha carta de bebidas máis ampla e que poden ser degustados nunha zona tranquila do recinto.