Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Restricións no uso da auga

Fecha: 2010-08-10

 

Ante a situación de seca e o elevado consumo de auga na localidade, e co obxecto de garantir a subministración de auga para os usos prioritarios, o Concello do Grove acordou, mediante un bando da Alcaldía, prohibir, en tanto non se dispoña o contrario, os seguintes usos da auga procedente da rede municipal de abastecemento: 

  • Rego de parques e xardíns.
  • Rego ou baldeo de vías, rúas ou beirarrúas, tanto públicas como privadas. 
  • Recheo de toda clase de piscinas e funcionamento de duchas públicas.
  • Uso da auga con fins puramente ornamentais en fontes ou instalacións análogas, agás que dispoñan de sistemas de recuperación en circuíto pechado.