Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Xornadas Coeducando na diversidade e o bo trato. Fortalecendo redes comunitarias para o cambio

Fecha: 2017-10-30

O CIM do Concello do Grove vai comezar o mes de novembro coas Xornadas Coeducando na diversidade e o bo trato. Fortalecendo redes comunitarias para o cambio, coas que se procura fomentar a prevención das violencias de xénero e a sensibilización en materia de equidade e xustiza social, contribuíndo para unha mellor convivencia e benestar das persoas dentro da comunidade. O prazo de inscrición xa está aberto e as prazas son limitadas.

 

As xornadas están compostas por tres obradoiros:

  • Pedagoxías queer (xoves 16 de novembro, das 17.00 ás 20.00 h)
  • Laboratorio de masculinidades (xoves 23 de novembro, das 17.00 ás 20.00 h) na confraría de pescadores do Grove
  • Contacontos dende a perspectiva de xénero (luns 20 e 27 de novembro, das 16.00 ás 20.00 h) na casa da cultura e biblioteca do Grove.

 

As actividades están abertas a todas as persoas interesadas e con ganas de explorar(se) nas súas prácticas persoais, sociais e/ou profesionais.

 

Se tes responsabilidades familiares e precisas botar man do espazo de conciliación, infórmanos. Disporase dun servizo de atención a nenas e nenos para que as persoas que queiran asistir ás xornadas poidan facelo.

 

Por outra banda, desde o a organización informan de que están pendentes de homologar as xornadas pola Consellería de Educación para profesorado, co que as persoas interesadas no certificado homologado terían que asistir ás 3 actividades. Se es profesora ou profesor e tes interese, contacta co CIM.

 

En todo caso, calquera pode participar nun, dous ou tres obradoiros, segundo a súa dispoñibilidade e interese.

 

Inscricións a través do correo electrónico: dinamizacim@gmail.com ou do tel. 986 730 900. Cómpre achegares a seguinte información:

  • nome completo
  • DNI
  • teléfono e correo electrónico de contacto
  • se tes necesidades para conciliación, número de nenas/os e idades
  • se queres certificado de asistencia

 

Cartel con máis información>