Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove recibe unha subvención para os Xoves Musicais de 2017

Fecha: 2017-11-13

Trátase do terceiro ano no que se obtén esa axuda que permite consolidar un dos certames musicais con máis peso na localidade.

 

O Concello do Grove acaba de obter unha nova subvención, neste caso relativa á celebración dos Xoves Musicas de 2017. A Concellería de Educación e Cultura aprobou unha axuda de 1.280 euros dentro do programa de subvencións destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais. Trátase de cubrir os gastos da programación de Xoves Musicais que tiveron lugar durante os meses de xullo e agosto e que ofreceron concertos na praza do Corgo cunha grande acollida por parte do público. O Concello do Grove dispuxo dun orzamento de 5.600 euros para esta actividade que leva anos desenvolvéndose no verán meco.