Bases do concurso de carteis da XLVIII Festa do Marisco
Fecha: 2010-08-12
O Concello do Grove convoca o concurso de carteis para elixir o que anunciará a XLVIII edición da Festa do Marisco, segundo as seguintes
B A S E S
1.ª O cartel terá que levar, de xeito que se aprecie sensiblemente, o anagrama que o Concello do Grove ten rexistrado (centola coa cunca) e as datas en que terá lugar a seguinte festa (do 30 de setembro ao 12 de outubro de 2011), ademais de incluír expresamente o nome de “Festa do Marisco. O Grove” e a edición correspondente.
2.ª As medidas do cartel terán que ser de 48 x 68 cm, en sentido vertical ou horizontal.
3.ª O xurado será nomeado polo Concello do Grove. A súa decisión será inapelable, aceptando os participantes as presentes bases polo feito de participaren.
4.ª Os bosquexos terán que estar entregados nas oficinas do Concello do Grove antes das 14:00 horas do día 17 de setembro de 2010. O cartel que se entregue irá acompañado dun sobre pechado, dentro do que terá que constar o nome completo, enderezo e teléfono do concursante, así como dunha copia en formato dixital que conteña o bosquexo do cartel.
5.ª Cada concursante só poderá presentar un cartel ao concurso. O bosquexo gañador terá un premio en metálico de 300 euros.
6.ª O autor premiado cederalle todos os dereitos de publicación, tanto do cartel coma calquera outra forma de impresión para programas e folletos, ao Concello do Grove.
Carteis de edicións anteriores